O alumnado que participa no Proxecto Audiovisual do colexio fixo un precioso anuncio para publicitar a sexta edición da Cullerciencia que, como sabedes, terá lugar o sábado, 8 de xuño, na explanada do Paseo Marítimo de O Burgo. Podedes velo a continuación:
Xa celebramos o noso concurso de ciencia e temos gañadores! Queres saber cales foron? O venres despois do recreo quedamos no patio para recoñecer o traballo dos nosos compañeiros e compañeiras e anunciaremos ao proxecto gañador. Agradecemos ao alumnado que participou no concurso. Os vosos proxectos foron moi bos e divertidos. Tamén queremos agradecer ao profesorado que nos acompañou como xurado, sabemos que non foi fácil escoller ao gañador. Esperámosvos a todos e todas no noso próximo concurso....
O venres, 24 de novembro, celebramos no colexio a terceira edición do Concurso de Ciencia que organizamos dende o Club de Ciencia. Nesta terceira edición houbo unha participación record de 60 nenos e nenas de 3º a 6º de Educación Primaria. O xurado, composto polas mestras de prácticas, valorou a cantidade, calidade e presentación dos diversos experimentos, exposicións e traballos. Todos e todas son gañadores neste concurso pero a deliberación é longa e complicada e, proximamente, entregaremos os diplomas. A continuación podedes ver o vídeo da xornada:
Comentarios
Publicar un comentario