Os nenos e nenas de Educación Infantil de 3 anos están a experimentar, nos seguintes vídeos, como o aire, o lume e a auga interactúan entre eles e que efectos se producen. Maxia?. Non, Ciencia.
O noso Club de Ciencia ten o pracer de informarvos da nosa participación na mobilidade a Madrid do programa Agrupacións de Centros Educativos á feira científica CEIP Honduras, que se celebrará os días 22 e 23 de maio. Esta é unha oportunidade emocionante para que os nosos/as alumnos/as do 3ª ciclo poidan amosar os proxectos e experimentos que realizaron, nun ambiente estimulante de aprendizaxe. Como parte deste evento, seleccionaremos 3 alumnos ou alumnas do terceiro ciclo para representar ao colexio na feira. Para garantir unha selección xusta e transparente, establecemos os seguintes criterios: Interese polas actividades do club de ciencia: Valorarase a participación habitual, as preguntas formuladas e as propostas achegadas polo alumnado. Participación no concurso de ciencia: Teranse en conta as ideas orixinais, a capacidade de resolución de problemas e o traballo en equipo. Avaliarase a claridade na explicación do experimento e a capacidade de resposta ás preguntas. Comportamen...
Xa celebramos o noso concurso de ciencia e temos gañadores! Queres saber cales foron? O venres despois do recreo quedamos no patio para recoñecer o traballo dos nosos compañeiros e compañeiras e anunciaremos ao proxecto gañador. Agradecemos ao alumnado que participou no concurso. Os vosos proxectos foron moi bos e divertidos. Tamén queremos agradecer ao profesorado que nos acompañou como xurado, sabemos que non foi fácil escoller ao gañador. Esperámosvos a todos e todas no noso próximo concurso....
Seguimos con nuevos experimentos, los niños y niñas de 4º curso quieren ser robots y construyeron una mano robótica. Los de 1º curso nos declararon la guerra con una batalla de virus y nos hablaron de la importancia de lavar siempre las manos. Felicidades a todas las clases por vuestros experimentos. ------ Seguimos con novos experimentos, os nenos e nenas de 4º curso queren ser robots e construíron unha mano robótica. Os de 1º curso declaráronnos a guerra cunha batalla de virus e faláronnos da importancia de lavar sempre as mans. Parabéns a todas as clases polos vosos experimentos. ----- We continue with new experiments. The 4th class want to be robots and have built a robotic hand. The 1st class declared war on us with a virus battle and told us about the importance of always washing our hands. Congratulations to all the classes for your experiments. xoves de ciencia 1º XOVES de ciencia 4ºB
Comentarios
Publicar un comentario