Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2019

I FEIRA DE CIENCIA

Imaxe
E chegou o día. O xoves, 20 de xuño, despois de todo o curso traballando duramente no eido da Ciencia, o alumnado, profesorado e as familias disfrutamos dun día de festa no que os nenos e nenas, xuntos cos seus mestres e mestras, amosaron ao resto de compañeiros/as e ás familias o que fixemos ao longo do curso. Convertemos o colexio nun museo con exposicións e experimentos. Porén, tivemos a inmensa sorte de contar con invitados de excepción: a Facultade de Ciencias da UDC, Meteogalicia, o Concello de Culleredo co mundo das abellas, a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, o proxecto de alimentación saudable de Gadisa e a robótica de Dismedia. A nosa radio escolar estivo gravando todo o día (aos nenos e nenas, ao alcalde de Culleredo, a Celia da Fundación Paideia, a José Viñas do IES David Buján). Contamos coma colexio invitado co CEE Nosa Señora do Rosario de A Coruña. O evento foi inaugurado polo Director do colexio e o Alcalde de Culleredo e contou como invitados con representantes da