O alumnado que participa no Proxecto Audiovisual do colexio fixo un precioso anuncio para publicitar a sexta edición da Cullerciencia que, como sabedes, terá lugar o sábado, 8 de xuño, na explanada do Paseo Marítimo de O Burgo. Podedes velo a continuación:
Xa celebramos o noso concurso de ciencia e temos gañadores! Queres saber cales foron? O venres despois do recreo quedamos no patio para recoñecer o traballo dos nosos compañeiros e compañeiras e anunciaremos ao proxecto gañador. Agradecemos ao alumnado que participou no concurso. Os vosos proxectos foron moi bos e divertidos. Tamén queremos agradecer ao profesorado que nos acompañou como xurado, sabemos que non foi fácil escoller ao gañador. Esperámosvos a todos e todas no noso próximo concurso....
Ola amigos e amigas! Un ano máis celebramos a semana da Ciencia. Xa sabedes que no noso cole puxemos en marcha o noso Concurso de Ciencia. Aproveitamos para dicirlles que os Museos Científicos da Coruña ofrecerán entradas gratuítas desde o 9 ata o 17 de novembro. Aquí deixámosvos máis información: Para visitar o Aquarium Finisterrae hai que reservar entradas, cun máximo de 3 días de antelación, clic aquí Para as sesións de planetario da fin de semana hai que reservar entradas, con 1 día de antelación, clic aquí A visita ás salas de exposicións de Casa das Ciencias e Domus, sen reserva, sempre que a capacidade non estea completa. LIGAZÓN: clic aquí
Comentarios
Publicar un comentario