X XOVES DE CIENCIA
Hoxe vimos de celebrar o décimo, e último por este curso, Xoves de Ciencia. Foi a quenda do alumnado de 6º, que fixo unha dobre actividade.
- Por unha banda, amosaron os vídeos no Plan Lector ao resto de compañeir@s de Infantil e Primaria dous experimentos que fixeron e subiron ao blog: o piano de froitas e o principio de Bernouilli. Se facedes clic no nome da actividade podedes ver o vídeo.
- Pero, ademais, tamén fixeron unha investigación no recreo sobre as vocacións científicas, cunha enquisa de catro preguntas. Os resultados desta enquisa serán amosados a todos e todas o vindeiro xoves, 20 de xuño, na nosa I Feira de Ciencia.
Agora fotos.
Comentarios
Publicar un comentario