Os Museos Científicos Coruñeses celebran do luns 11 ao domingo 17 de novembro sete días de portas abertas, con motivo da Semana Internacional da Ciencia 2019 . Durante esa semana a entrada será gratuita na Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae. Ademais dos contidos dos tres museos, ao longo da semana haberá outras actividades, como unha novedosa representación teatral de divulgación científica o viernes 15, actividades interactivas relacionadas coa auga e, o sábado 16, a entrega dos Prismas á Divulgación 2019. Este é o programa: - Do 11 a 17 de novembro. Portas abertas na Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae, de 10 a 19 horas (o Aquarium pecha o acceso ás 18 horas). - Do 14 a 17 de novembro. Obradoiros sobre a auga: ChoivaBox é un módulo interactivo que simula a choiva e a súa almacenaxe nunha conca hidrográfica. Actividade de realidade virtual para visualizar o interior dunha instalación de tratamento de auga. Organi