ENLACES DE CIENCIA

O Club de Ciencia quere tamén contribuír a pasar o mellor posible estes días de "reclusión". Por iso, imos facilitar unha serie de enlaces con vídeos, libros descargables e noticias varias sobre Ciencia, para que poidades consultalas e veredes como vos resultan interesantes.
  • O primeiro enlace, como non podía ser doutro xeito, trata do protagonista das últimas xornadas: o coronavirus e dez boas noticias sobre o que xa sabemos del.
  •  Outro enlace interesante (se tedes Twitter) trata sobre a experimentación e investigación, de xeito caseiro, da importancia de lavar ben as mans.
  • No terceiro podemos descargar un libro moi interesante, que se chama "Enseñando ciencia con ciencia".
  • No cuarto link veremos unha investigación sobre un feito que provocará ledicia nalgunha xente (especialmente os/as que lles teñen medo): "Por que non poden existir as arañas xigantes".
  • E, para rematar por hoxe, hai unha canle en YouTube con diferentes vídeos sobre ciencia: Bio(ESO)sfera. Aínda que está pensado para a ESO, os nenos e nenas de 5º e 6º (e calquera que teña curiosidade) poden ver diferentes explicacións, experimentos e ideas sobre ciencia.
Segundo vaian pasando os días, se imos atopando, máis enlaces interesantes, serán colgados nesta páxina. Saúdos.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

CONCURSO DE CIENCIA

ANUNCIO CULLERCIENCIA

CONCURSO DE CIENCIA - GAÑADORES/AS