O noso Club de Ciencia ten o pracer de informarvos da nosa participación na mobilidade a Madrid do programa Agrupacións de Centros Educativos á feira científica CEIP Honduras, que se celebrará os días 22 e 23 de maio. Esta é unha oportunidade emocionante para que os nosos/as alumnos/as do 3ª ciclo poidan amosar os proxectos e experimentos que realizaron, nun ambiente estimulante de aprendizaxe. Como parte deste evento, seleccionaremos 3 alumnos ou alumnas do terceiro ciclo para representar ao colexio na feira. Para garantir unha selección xusta e transparente, establecemos os seguintes criterios: Interese polas actividades do club de ciencia: Valorarase a participación habitual, as preguntas formuladas e as propostas achegadas polo alumnado. Participación no concurso de ciencia: Teranse en conta as ideas orixinais, a capacidade de resolución de problemas e o traballo en equipo. Avaliarase a claridade na explicación do experimento e a capacidade de resposta ás preguntas. Comportamen...
Comentarios
Publicar un comentario