Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2022

CONCURSO DE CIENCIA

Imaxe
O venres, 25 de novembro, celebramos a segunda edición do Concurso de Ciencia do colexio, promovida polo Club de Ciencia. Nesta ocasión houbo dez grupos de nenos e nenas que presentaron as súas propostas e experimentos de Ciencia. Este é un concurso no que todos e todas son gañadores/as, xa que o obxectivo é fomentar a divulgación científica e promover as vocacións no eido de Ciencia. Por iso, todos os/as participantes levan un agasallo coma agradecemento pola súa participación. No seguinte vídeo podedes ver unha selección de fotos da xornada. CONCURSO CIENCIA de Any Nícolas  

AGRUPACIÓNS DE CENTROS EDUCATIVOS (MOBILIDADE A LORCA)

Imaxe
O noso colexio participa nun proxecto do Ministerio de Educación de FP chamado "Agrupaciones de centros educativos". Hai outros tres centros, ademais do noso, que forman parte da nosa agrupación: O CEIP Andrés García Soler de Lorca (Murcia). O CEIP Federico García Lorca de Las Palmas de Gran Canaria. O IES Severo Ochoa de San Juan de Aznalfarache (Sevilla). O traballo da nosa agrupación leva o título de "Somos una comunidad de Ciencia". Os tres centros arriba citados participaron o pasado 18 de xuño á cuarta edición da Cullerciencia (pode verse na entrada de blog co título Cullerciencia). Entre o 7 e o 9 de novembro tres mestres/as do noso centro asistimos á segunda actividade, consistente nunha mobilidade ao CEIP Andrés García Soler de Lorca (Murcia). O traballo levado a cabo dos catro centros nesta reunión foi, entre outros aspectos, o seguinte: Reunións de formación e preparación das seguintes visitas e mobilidades. Planificación de futuras actividades a realizar

PROGRAMA DE FOMENTO DAS VOCACIÓNS CIENTÍFICO-TECNOLÓXICAS

Imaxe
O CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación organizou, o martes 18 de outubro, unha nova actividade no marco de D’tec, o programa para o fomento das vocacións científico-tecnolóxicas. Desde o CIS Tecnoloxía e Deseño brindouse ao alumnado de 6º de Educación Primaria a oportunidade de descubrir a importancia da innovación, o deseño e as tecnoloxías, na súa sede de Ferrol O alumnado participou en dous obradoiros complementarios: Obradoiro “Materiais innovadores” Neste obradoiro os participantes mergulláronse no mundo dos novos materias, descubrindo como se estudan os materiais e levando a cabo diferentes experimentos con materiais con propiedades sorprendentes. O obradoiro tivo un carácter emintemente práctico, e ten como despertar entre o alumnado o interese pola Ciencia e a Tecnoloxía. Obradoiro “Somos deseñadoras/es..espaciais” O alumnado iniciouse no deseño industrial a través dunha actividade dramatizada na que foron os deseñadores da Axencia Espacial de