AGRUPACIÓNS DE CENTROS EDUCATIVOS (MOBILIDADE A LORCA)
O noso colexio participa nun proxecto do Ministerio de Educación de FP chamado "Agrupaciones de centros educativos". Hai outros tres centros, ademais do noso, que forman parte da nosa agrupación:
- O CEIP Andrés García Soler de Lorca (Murcia).
- O CEIP Federico García Lorca de Las Palmas de Gran Canaria.
- O IES Severo Ochoa de San Juan de Aznalfarache (Sevilla).
O traballo da nosa agrupación leva o título de "Somos una comunidad de Ciencia". Os tres centros arriba citados participaron o pasado 18 de xuño á cuarta edición da Cullerciencia (pode verse na entrada de blog co título Cullerciencia).
Entre o 7 e o 9 de novembro tres mestres/as do noso centro asistimos á segunda actividade, consistente nunha mobilidade ao CEIP Andrés García Soler de Lorca (Murcia). O traballo levado a cabo dos catro centros nesta reunión foi, entre outros aspectos, o seguinte:
- Reunións de formación e preparación das seguintes visitas e mobilidades.
- Planificación de futuras actividades a realizar polos membros da agrupación.
- Inauguración, no CEIP Andrés García Soler, dunha aula multiusos de Ciencia para todo o alumnado deste centro (pode verse a noticia no enlace https://el-lorquino.com/2022/11/09/educacion/el-ceip-andres-garcia-soler-de-lorca-inaugura-su-nuevo-laboratorio-de-ciencia/148426/).
- Asistencia a unha xornada divulgativa para Educación Infantil a cargo da Facultade de Ciencia da Universidade de Murcia.
- Visitas científicas: Xeoda de Pulpí (Almería).
A próxima actividade que fagamos terá lugar no CEIP Federico García Lorca de Las Palmas de Gran Canaria. A continuación podedes ver unha escolma de fotos.
Comentarios
Publicar un comentario