DÍA DA CIENCIA NA RÚA 2022
O sábado, 7 de maio, entre as 11:00 e as 19:00 horas, tivo lugar, no Parque de Santa Margarida, en A Coruña, unha nova edición do Día da Ciencia na Rúa. O noso centro participou, un ano máis, nesta actividade. Estivemos situados na tenda nº11. O alumnado voluntario de 5º e 6º foi presentou cinco experiencias (pradeiras mariñas, creando xeodas, fabricando unha clepsidra, pasta de dentes de elefante e un estudo sobre o mofo do pan) e presentounas na Feira. O magnífico nivel de exposición do noso alumnado fixo que recibiramos felicitacións do comité organizador, de profesorado da Facultade de Ciencias e dos Museos Científicos Coruñeses, ademais do público asistente. Podedes ver fotos na Galería da web do centro (no enlace http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipriadoburgo/galeria/thumbnails.php?album=358) e, tamén, a entrevista que fixo CUAC FM na propia feira a profesorado e alumnado do colexio (facendo clic AQUÍ). A continuación podedes ver fotos da xornada.
Comentarios
Publicar un comentario