4º XOVES DE CIENCIA
Chegamos ao 4º Xoves de Ciencia cunha agradable incorporación. O noso colexio (e, por suposto, o Club de Ciencia) participa neste curso e no vindeiro, nun programa do Ministerio de Educación e Formación Profesional chamado "Agrupacións de centros educativos". Esta iniciativa consiste no traballo conxunto e compartido de diferentes experiencias entre centros educativos de toda España. O noso colexio está a participar, con outros tres centros, que son:
- O CEIP Andrés García Soler de Lorca (Murcia).
- O IES Severo Ochoa de San Juan de Anzalfarache (Sevilla).
- O CEIP Federico García Lorca de Las Palmas de Gran Canaria (Gran Canaria).
Imos compartir con estes centros dúas das iniciativas máis importantes que realizamos no Club de Ciencia: os Xoves de Ciencia e a Feira de Ciencia.
Hoxe incorpóranse aos Xoves de Ciencia os nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP Andrés García Soler e os alumnos e alumnas de Secundaria do IES Severo Ochoa. Ademais, o alumnado de 4º de Primaria do noso colexio tamén amosa os vídeos dos seus traballos. Podedes ver todos os vídeos facendo clic AQUÍ (e pulsando na pestana de cada clase)
Comentarios
Publicar un comentario