AGRUPACIÓNS DE CENTROS EDUCATIVOS - MOBILIDADE A LAS PALMAS DE GRAN CANARIA
Como xa sabedes, participamos nun proxecto do Ministerio de Educación e FP chamado "Agrupaciones de centros educativos". Somos catro centros os que formamos parte da nosa agrupación:
- O CEIP Andrés García Soler de Lorca (Murcia).
- O CEIP Federico García Lorca de Las Palmas de Gran Canaria.
- O CEIP Plurilingüe Ría do Burgo de Culleredo (A Coruña)
- O IES Severo Ochoa de San Juan de Aznalfarache (Sevilla).
O traballo da nosa agrupación leva o título de
"Somos una comunidad de Ciencia". Os catro centros arriba citados
participamos o pasado 18 de xuño na cuarta edición da Cullerciencia (pode verse
na entrada de blog co título Cullerciencia) e, entre o 7 e o 9 de novembro de 2022 asistimos á segunda mobilidade en Lorca.
Entre o 1 e 4 de marzo de 2023 varios mestres/as dos distintos centros educativos asistimos á terceira actividade, consistente nunha mobilidade ao CEIP Federico García Lorca de Las Palmas de Gran Canaria. O traballo levado a cabo dos catro centros nesta reunión foi, entre outros aspectos, o seguinte:
- Reunións de formación e preparación das seguintes visitas e mobilidades.
- Planificación de futuras actividades a realizar polos membros da agrupación.
- Inauguración e celebración,
no CEIP Federico García Lorca, dunha Feira Científica, celebrada o 3 de marzo
A próxima actividade que fagamos terá lugar no IES Severo Ochoa de San Juan de Aznalfarache (Sevilla). A continuación podedes ver unha escolma de fotos.
Comentarios
Publicar un comentario