AGRUPACIÓNS DE CENTROS EDUCATIVOS - MOBILIDADE A SEVILLA
Como xa sabedes, participamos nun proxecto do Ministerio de Educación e FP chamado "Agrupaciones de centros educativos". Somos catro centros os que formamos parte da nosa agrupación:
- O CEIP Andrés García Soler de Lorca (Murcia).
- O CEIP Federico García Lorca de Las Palmas de Gran Canaria.
- O CEIP Plurilingüe Ría do Burgo de Culleredo (A Coruña)
- O IES Severo Ochoa de San Juan de Aznalfarache (Sevilla).
O traballo da nosa agrupación leva o título de "Somos una comunidad de Ciencia". Os catro centros arriba citados participamos o pasado 18 de xuño na cuarta edición da Cullerciencia (pode verse na entrada de blog co título Cullerciencia) e, entre o 7 e o 9 de novembro de 2022 asistimos á segunda mobilidade en Lorca. Entre o 1 e 4 de marzo de 2023 varios mestres/as dos distintos centros educativos asistimos á terceira actividade, consistente nunha mobilidade ao CEIP Federico García Lorca de Las Palmas de Gran Canaria.
Finalmente, do 19 ao 22 de abril de 2023, realizamos a cuarta e última mobilidade do proxecto, consistente nunha mobilidade ao IES Severo Ochoa, de San Juan de Aznalfarache (Sevilla). O traballo levado a cabo dos catro centros nesta reunión foi, entre outros aspectos, o seguinte:
- Reunións de formación e preparación das memorias e xustificacións pertinentes do proxecto.
- Planificación de futuras actividades a realizar polos membros da agrupación (aínda que a mobilidade remata, queremos continuar traballando en conxunto e participar, se é posible, nunha nova convocatoria de Agrupacións, continuando coa temática e incluíndo máis elementos, actividades e centros educativos).
- Inauguración e celebración, no IES Severo Ochoa, da VII edición da Feira das Culturas, que tivo lugar o 21 de abril de 2023.
A experiencia foi valorada moi positivamente por todos os centros integrantes da Agrupación (tanto para alumnado coma para profesorado) e temos a intención de continuar con esta iniciativa. A continuación podedes ver unha escolma de fotos.
Comentarios
Publicar un comentario