UN ANO MÁIS DE CIENCIA E AVENTURA!
Benvidos/as a un novo curso escolar cheo de ciencia e diversión! O Club de Ciencia está máis emocionado que nunca de compartir convosco todas as actividades que temos preparadas.
Nosa Feira da Ciencia cumpre 7 anos! Celebraremos esta grande ocasión o sábado 7 de xuño de 2025 no Paseo Marítimo do Burgo. Será un día cheo de experimentos, demostracións e talleres para todas as idades. Non o perdas!
Ademais, seguiremos participando no programa Agrupacións de Centros Educativos, xunto cos nosos amigos do CEIP Andrés García Adoitar (Lorca), CEIP Federico García Lorca (Canarias), CEIP Honduras (Madrid) e IES Néstor Almendros (Sevilla). Baixo o lema "Concienciados por un mundo mellor", seguiremos traballando en proxectos que nos axuden a comprender mellor o noso planeta e a coidar del.
Teremos o noso Concurso de Ciencia para o alumnado de 4º, 5º e 6º de E.P., onde poderedes presentar os vosos proxectos científicos inspirados preferiblemente nos Xogos Olímpicos. É unha oportunidade perfecta para investigar, experimentar e mostrar o voso talento!
E, por suposto, os nosos Xoves de Ciencia seguirán sendo un espazo para compartir os nosos descubrimentos e aprender uns doutros. Todos os cursos están convidados a participar!
Prepárache para un ano cheo de ciencia, innovación e colaboración!
Comentarios
Publicar un comentario