Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2020

SEMANA DA CIENCIA E DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Novembro é un mes moi importante no eido da Ciencia. Entre o 9 e o 15 de novembro celébrase en toda España a Semana da Ciencia (tan esencial nestes tempos) e, ao longo do mes de novembro, estase a celebrar a XI Edición do Día da Ciencia en Galego. Nos seguintes enlaces podedes ver tres webs significativas que falan deste feito, a nivel nacional, autonómico e local. CSIC XI Día da Ciencia en Galego Museos Científicos Coruñeses

UN NOVO CURSO

 Saúdos a todos e todas. Comezamos un novo curso con moitas incertidumes, debidas á pandemia, e o Club de Ciencia non é alleo a elas. Por iso, neste curso, inicialmente, imos centrarnos en dúas actividades de xeito especial: Os Xoves de Ciencia. Continuaremos a celebrar os Xoves de Ciencia (aínda que de xeito virtual). Ata o mes de marzo cada clase elaborará, deseñará e fará unha gravación dunha actividade relacionada co eido científico. Cando as actividades estean listas serán amosadas virtualmente ao resto dos compañeiros/as do centro dende o primeiro xoves de marzo por quendas. A Feira de Ciencia. O curso pasado non puidemos celebrar presencialmente a II Edición da nosa Feira de Ciencia. Por iso, neste curso ímola preparar tamén de xeito virtual. Crearemos un espazo web onde as familias, alumnado e o resto da comunidade educativa poidamos ver tanto as actividades de ciencia que desenvolve o noso alumnado, coma as aportacións que fagan as entidades que colaboren con nós nesta feira.

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Imaxe
Os equipos da biblioteca escolar, EACE, EDLG e o Club de Ciencia colaboramos co PDI do centro sobre o cambio climático e a conservación do planeta. Con todo isto elaborouse un vídeo para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente que celebramos hoxe, 5 de xuño, e que podedes ver a continuación.

AQUELANDO NA CASA (IX)

Os nosos nenos e nenas seguen a participar no programa da TVG2 "Aquelando na casa". O martes, 26 de maio, Sabela, de 6º de Primaria, amosounos como se fai e para que serve unha clepsidra. Podedes ver o programa facendo clic AQUÍ .

AQUELANDO NA CASA (VIII)

O luns, 25 de xuño, o alumnado do noso centro segui  a aparecer no programa da TVG2 "Aquelando na casa". Sabela, de 6º de Primaria, amosounos a refracción. Podedes ver o programa facendo clic AQUÍ .

AQUELANDO NA CASA (VII)

Finalizamos a semana coa participación de Xoana, de 6º de Infantil e do profe Vicente no programa da TVG2 "Aquelando na casa". Este venres, 22 de maio, amosaron como facer un chife, que é e para que servía. Podedes velo facendo clic AQUÍ .

AQUELANDO NA CASA (VI)

Continuamos nesta semana coa aparición de alumnado do noso centro no programa da TVG2 "Aquelando na casa". O xoves, 21 de maio, Sabela, de 6º de Primaria, amosounos a Lei do cadrado inverso. Podedes ver o programa facendo clic AQUÍ .

AQUELANDO NA CASA (V)

E continuamos coa participación do noso alumnado no programa de Ciencia da TVG "Aquelando na casa". Hoxe, mércores, 20 de maio, por partida dobre. Primeiro Javier, de 6º de Primaria, ensinounos a fabricar un barómetro caseiro e, despois, Teresa, de 1º de Primaria, e Matilde, de 5º de Infantil, amosaron como facer neve artificial. Podedes ver o programa facendo clic AQUÍ .

AQUELANDO NA CASA (IV)

O alumnado do noso centro continúa a participar no programa da TVG "Aquelando na casa". O luns, 18 de maio, Javier, de 6º de Primaria, amosou o experimento do taller de momificación, que podedes ver facendo clic AQUÍ .

AQUELANDO NA CASA (III)

Hoxe xoves, 16 de abril, amosamos outro experimento do Club de Ciencia no programa da TVG2 "Aquelando na casa". Nesta ocasión, Javier, de 6º de Primaria, e o profe Óscar fixeron unha experimento de aproximación ao número PI utilizando un folio, escarbadentes, un lapis e unha regra. Podedes ver e descargar o programa facendo clic AQUÍ .

AQUELANDO NA CASA (II)

Hoxe mércores, 15 de abril, tamén apareceron experiencias feitas por unha nena (e un profe) do noso colexio no programa da TVG2 "Aquelando na casa". No experiemento de hoxe Xoana, de Infantil e o profe Vicente fixeron música cunha especie de xilófon feito con vasos, auga, colorante e unha culler. Podedes velo facendo clic AQUÍ (a partir do minuto 3).

RECOMENDACIÓNS CIENTÍFICAS

Un día máis facemos unhas recomendacións para seguir disfrutando da Ciencia: O planetario na casa. A Casa das Ciencias de A Coruña fai sesións de planetario na súa canle de YouTube. Explore . Un canal interesantísimo para ver animais en vivo e a súa vida en directo. Os nosos paxaros cantores e como recoñecelos. Nanotecnoloxía en tempos de confinamento (II). The Quest. O sol en debuxos animados.

AQUELANDO NA CASA

O Club de Ciencia segue a funcionar, a pesar do confinamento. Nestes días alumnos e alumnas (e algúns mestres) estamos a colaborar co programa de ciencia "Aquelando na casa", que se emite de luns á venres, na TVG2, ás 11:40 da mañá. No programa de hoxe, martes, 14 de abril, Javier, de 6º de E. Primaria amósanos como facer unha nube instantánea (arredor do minuto 13 do programa). Podedes velo no seguinte enlace .

ACTIVIDADES DE CIENCIA

Seguimos presentando a toda a comunidade diferentes enlaces de Ciencia para o alumnado e as familias. Hoxe amosamos catro novos: 20 canles de YouTube de Ciencia. Ciencia para nenos/as: Detective de cores. Ferramentas para crear actividades interactivas propias. Nanotecnoloxía en tempos de confinamento.  

ENLACES E RECURSOS PARA APRENDER CIENCIA

Ola a todos e todas. Envío dous enlaces máis para traballar Ciencia nestes días. O primeiro enlace é o do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) con diferentes recursos para aprender ciencia. O segundo enlace é de Naturgy con diferentes actividades e recursos de ciencia.

MÁIS ENLACES CIENTÍFICOS

Continuamos con máis enlaces sobre ciencia: Experimentos para os días de cole a distancia. Xenes en acción. Quítalle a coroa ao virus. Mans limpas, corpo saudable.

ENLACES DE CIENCIA

O Club de Ciencia quere tamén contribuír a pasar o mellor posible estes días de "reclusión". Por iso, imos facilitar unha serie de enlaces con vídeos, libros descargables e noticias varias sobre Ciencia, para que poidades consultalas e veredes como vos resultan interesantes. O primeiro enlace, como non podía ser doutro xeito, trata do protagonista das últimas xornadas: o coronavirus e dez boas noticias sobre o que xa sabemos del.  Outro enlace interesante (se tedes Twitter) trata sobre a experimentación e investigación, de xeito caseiro, da importancia de lavar ben as mans . No terceiro podemos descargar un libro moi interesante, que se chama "Enseñando ciencia con ciencia" . No cuarto link veremos unha investigación sobre un feito que provocará ledicia nalgunha xente (especialmente os/as que lles teñen medo): "Por que non poden existir as arañas xigantes" . E, para rematar por hoxe, hai unha canle en YouTube con diferentes vídeos sobre ciencia: Bi

CORONAVIRUS

Dende o Club de Ciencia non podemos obviar o tema de maior actualidade a día de hoxe: o coronavirus. A nosa actividade coma club queda suspendida ata que nos volvamos a incorporar á actividade lectiva. O Club lémbravos a todos e todas a importancia das medidas sanitarias que se están a tomar para conter o virus (extremar as medidas de hixiene e quedar na casa e non saír á rúa, salvo para o absolutamente imprescindible, principalmente). Tamén queremos agradecer e aplaudir o labor de todo o persoal sanitario que coida de nós e de todos os investigadores e investigadoras que traballan a diario para combater as enfermidades e mellorar a nosa calidade de vida.

2º XOVES DE CIENCIA

Imaxe
Os nenos e nenas de 5º de Infantil foron os científicos e científicas que amosaron ao resto de compañeiros e compañeiras do colexio os seus experimenteos no segundo xoves de ciencia. As actividades que presentaron foron as seguintes: A nube nunha botella. Gusanos saltaríns. Neve artificial. Lámpada de lava. A continuación podedes ver algunhas fotos da xornada.      

PROXECTO DE INVESTIGACIÓN SOBRE O FUME

Imaxe
Sabela, Carla, Ainhoa e Aldara fixeron un vídeo sobre un proxecto de investigación da influenza (negativa, obviamente) do fume en xeral e do tabaco en particular, tanto nos nosos pulmóns coma no que nos arrodea (roupa, calzado, etc). A continuación podedes ver o resultado do seu traballo.  

FABRICANDO CLEPSIDRAS

Imaxe
O alumnado do Club de Ciencia de 5º e 6º de Educación Primaria participou no concurso de elaboración de clepsidras (reloxos de auga) do centro. Nos seguintes vídeos podedes ver dous exemplos: Alba, Gabriela e Marta amosan neste vídeo o seu proxecto de clepsidra. Sabela, Carla, Ainhoa e Aldara tamén fixeron unha clepsidra.

1º XOVES DE CIENCIA

Imaxe
Comezamos, por segundo curso, unha nova edición dos Xoves de Ciencia. Nesta primeira xornada os nenos e nenas de 4º de Educación Infantil (coas súas profesoras Celia, Melisa e Ariana) fixeron as delicias do resto dos seus compañeiros de Infantil e Primaria con catro experimentos: O globo que infla só. Choiva de cores. Cores bailaríns. Lámpada de lava. A continuación podedes ver unha escolma de fotos da xornada:                  

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Imaxe
Hoxe celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Como afirma a UNESCO, “a ciencia é a maior empresa da sociedade”. Grazas á ciencia podemos vivir máis tempo e mellor, podemos levar auga e enerxía ás nosas vidas, achéganos comida e ten un papel importante no desenvolvemento da práctica deportiva, a música, o lecer, a cultura, as comunicacións… Sen ciencia as nosas vidas non se parecerían ao que realmente son. En 2015, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas decidiu proclamar o 11 de febreiro coma o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Isto débese a que, do mesmo xeito que noutros moitos campos profesionais, existen barreiras que dificultas o acceso e a participación equitativa de mulleres e nenas na ciencia e na tecnoloxía. Ser capaces de afrontar esta problemática é un requisito para acadar os obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) incluídos na Axenda 2030. Un dos máis importantes para logralo debe ser, por tanto, o impul

FLUORESCENCIA CON MATERIAL DA CASA

Imaxe
Javier, de 6º de Educación Primaria, preséntanos, no seguinte vídeo, como facer un líquido fluorescente con materiais que podemos atopar na casa. Desfrutade da fluorescencia.  

ESCRIBANO PALUSTRE

Imaxe
Todos os cursos do centro están a participar na iniciativa da Biblioteca relacionada co tema deste ano, que é o cambio climático, sobre as especies en perigo de extinción. Neste caso, os nenos e nenas de 1ºB de Educación Primaria fixeron un vídeo sobre o seu animal, que é o escribano palustre. Disfrutade da actividade.