Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2025

FEIRA DE CIENCIA EN MADRID!!!

Imaxe
O noso Club de Ciencia ten o pracer de informarvos da nosa participación na mobilidade a Madrid do programa Agrupacións de Centros Educativos á feira científica CEIP Honduras, que se celebrará os días 22 e 23 de maio. Esta é unha oportunidade emocionante para que os nosos/as alumnos/as do 3ª ciclo poidan amosar os proxectos e experimentos que realizaron, nun ambiente estimulante de aprendizaxe. Como parte deste evento, seleccionaremos 3 alumnos ou alumnas do terceiro ciclo para representar ao colexio na feira. Para garantir unha selección xusta e transparente, establecemos os seguintes criterios: Interese polas actividades do club de ciencia: Valorarase a participación habitual, as preguntas formuladas e as propostas achegadas polo alumnado. Participación no concurso de ciencia: Teranse en conta as ideas orixinais, a capacidade de resolución de problemas e o traballo en equipo. Avaliarase a claridade na explicación do experimento e a capacidade de resposta ás preguntas. Comportamen...

OBRADOIRO DE AUTÓMATAS

Imaxe
Imaxinas un robot que salta e xira coma un acróbata de circo? Pois existe! No noso obradoiro de autómatas da biblioteca creamos un pequeno e sorprendente amigo mecánico que non para de moverse. Os/as nenos e nenas do terceiro ciclo de primaria construíron o seu propio autómata. Coas súas mans e moita creatividade aprenderon como funcionan os mecanismos e descobren a arte de dar vida a unha máquina.  Os/as nenos e nenas do segundo ciclo decoraron un cilindro e colocáronlle dous pés. Tras un pequeno empuxe ven como xira o cilindro e dá a impresión de que anda de pé.                                                    Non perdas a oportunidade de construír o teu propio acróbata mecánico.  Vémonos pronto!! Equipo Club de Ciencia

TALLER DE GEOMETRÍA CON ESPEJOS

Imaxe
Explorando as matemáticas de forma creativa. Na biblioteca, as matemáticas transformáronse nun mundo cheo de formas e creatividade co noso obradoiro de xeometría con espellos.  Os/as nenos/as de primaria aprenderon como os espellos poden duplicar imaxes, creando simetrías máxicas.  Experimentaron con formas básicas descubrindo como poden transformar o sinxelo en algo sorprendente. Cos espellos, as figuras multiplicáronse e os patróns fixéronse infinitos, revelando novas posibilidades. Os matemáticos xogaron coa luz e a sombra, transformando triángulos en hexágonos e cadrados en octógonos. Os participantes compartiron os seus descubrimentos, enchendo de risas e curiosidade a biblioteca. Ao final, entenderon que as matemáticas son unha invitación a explorar e ver o mundo dun xeito novo e fascinante. Vémonos pronto...