FEIRA DE CIENCIA EN MADRID!!!

O noso Club de Ciencia ten o pracer de informarvos da nosa participación na mobilidade a Madrid do programa Agrupacións de Centros Educativos á feira científica CEIP Honduras, que se celebrará os días 22 e 23 de maio. Esta é unha oportunidade emocionante para que os nosos/as alumnos/as do 3ª ciclo poidan amosar os proxectos e experimentos que realizaron, nun ambiente estimulante de aprendizaxe.


Como parte deste evento, seleccionaremos 3 alumnos ou alumnas do terceiro ciclo para representar ao colexio na feira. Para garantir unha selección xusta e transparente, establecemos os seguintes criterios:

  • Interese polas actividades do club de ciencia: Valorarase a participación habitual, as preguntas formuladas e as propostas achegadas polo alumnado.

  • Participación no concurso de ciencia: Teranse en conta as ideas orixinais, a capacidade de resolución de problemas e o traballo en equipo. Avaliarase a claridade na explicación do experimento e a capacidade de resposta ás preguntas.

  • Comportamento: Avaliarase o respecto cara aos compañeiros/as, profesores e organizadores do concurso, así como a participación activa e respectuosa nas actividades propostas. Así mesmo, valorarase a actitude positiva e colaborativa amosada durante as clases, incluíndo a demostración de hábitos positivos como a puntualidade, a atención na clase, o respecto ás quendas de palabra e a participación construtiva nas discusións, o cal reflicte un compromiso constante coa aprendizaxe e a convivencia respectuosa.

Se estás interesado en participar no proceso de selección, comunícanolo antes do 22 de abril a través deste formulario (ligazón). 

Unha vez recibidas todas as solicitudes, o equipo do Club de Ciencia avaliará os/as candidatos/as segundo os criterios mencionados e dará a coñecer ao alumnado seleccionado o 5 de maio. 

Un saúdo,

Equipo Club de Ciencia


Comentarios

Publicacións populares deste blog

TEMOS O PROXECTO GAÑADOR DO NOSO CONCURSO DE CIENCIA!!

SEMANA DA CIENCIA 2024