TALLER DE GEOMETRÍA CON ESPEJOS
Explorando as matemáticas de forma creativa. Na biblioteca, as matemáticas transformáronse nun mundo cheo de formas e creatividade co noso obradoiro de xeometría con espellos.
Os/as nenos/as de primaria aprenderon como os espellos poden duplicar imaxes, creando simetrías máxicas. Experimentaron con formas básicas descubrindo como poden transformar o sinxelo en algo sorprendente.
Cos espellos, as figuras multiplicáronse e os patróns fixéronse infinitos, revelando novas posibilidades. Os matemáticos xogaron coa luz e a sombra, transformando triángulos en hexágonos e cadrados en octógonos. Os participantes compartiron os seus descubrimentos, enchendo de risas e curiosidade a biblioteca. Ao final, entenderon que as matemáticas son unha invitación a explorar e ver o mundo dun xeito novo e fascinante.
Vémonos pronto...
Comentarios
Publicar un comentario