OBRADOIRO DE AUTÓMATAS

Imaxinas un robot que salta e xira coma un acróbata de circo? Pois existe! No noso obradoiro de autómatas da biblioteca creamos un pequeno e sorprendente amigo mecánico que non para de moverse. Os/as nenos e nenas do terceiro ciclo de primaria construíron o seu propio autómata. Coas súas mans e moita creatividade aprenderon como funcionan os mecanismos e descobren a arte de dar vida a unha máquina. 


Os/as nenos e nenas do segundo ciclo decoraron un cilindro e colocáronlle dous pés. Tras un pequeno empuxe ven como xira o cilindro e dá a impresión de que anda de pé.
                                                  

Non perdas a oportunidade de construír o teu propio acróbata mecánico. 

Vémonos pronto!!

Equipo Club de Ciencia

Comentarios

Publicacións populares deste blog

FEIRA DE CIENCIA EN MADRID!!!

¡YA ESTÁN AQUÍ LOS JUEVES DE CIENCIA! - XA ESTÁN AQUÍ OS XOVES DE CIENCIA! - SCIENCE THURSDAYS ARE HERE!

TEMOS O PROXECTO GAÑADOR DO NOSO CONCURSO DE CIENCIA!!