TEMOS GAÑADORES!!!!
Comprácenos comunicarlles que o proceso de selección do alumnado que participará na nosa próxima mobilidade a Madrid, onde representarán ao noso colexio na feira de ciencias do CEIP Honduras, finalizou.
O proceso de selección levouse a cabo segundo os criterios previamente informados. O mesmo foi realizado por profesorado do 2a ciclo, para garantir parcialidade na selección. Despois da aplicación dos criterios a cada participante, entrevista cos seus titores e co propio alumnado da fase final, decidimos engadir un participante máis, polo que os catro alumnos e alumnas que formarán parte desta experiencia recibirán unha chamada telefónica indicando que foron seleccionados.
A decisión foi especialmente difícil debido ao alto nivel de todos os participantes. Agradecemos a todo o alumnado o seu entusiasmo, dedicación e esforzo durante as actividades do club de ciencia. Animamos aos que non foron seleccionados nesta ocasión a seguir participando activamente, xa que a súa implicación é fundamental para o éxito do noso club e futuras oportunidades.
Nos próximos días, poñerémonos en contacto coas familias do alumnado seleccionado para informarlles sobre os seguintes pasos e detalles organizativos da mobilidade.
Grazas a todas as familias polo seu apoio e confianza neste proxecto educativo.
Un saúdo,
Equipo Club de Ciencia
Comentarios
Publicar un comentario