UNHA INVITACIÓN ESPECIAL...
A semana pasada recibimos unha invitación para participar na I Feira de Educación, Formación e Emprego organizada polo CFR da Coruña.
Unha vez máis tivemos a oportunidade de converternos en pequenos/as científicos/as, compartindo os nosos traballos e experimentos cos asistentes á feira. Ademais, o noso alumnado participante puido divertirse e aprender visitando outros postos tamén moi interesantes.
Participar na feira motivoulles a seguir explorando e aprendendo. Descubriron que a ciencia non só está nos laboratorios, senón en todo o que nos rodea: na cociña, no parque, en casa e, por suposto, na aula.
Agradecemos á organización da feira por brindarnos esta grande oportunidade.
Nesta ligazón (aquí) podedes ver a noticia publicada en prensa.
Ata pronto!
Comentarios
Publicar un comentario