Publicacións

JUEVES DE CIENCIA #1 - XOVES DE CIENCIA #1 - SCIENCE THURSDAY

Imaxe
Ya tenemos aquí los primeros experimentos, empezó tercero con una filtración de agua, nos enseñaron que con objetos de reciclaje podemos filtrar el agua.  Después fue cuarto, nos enseñaron a hacer una mano robótica, hecha con materiales muy sencillos.  Y por último fue quinto con tres experimentos: El corazón, Calentamos nuestra huerta y Los autómatas. Felicidades a todas las clases por vuestros experimentos. ----------- Xa temos aqui os primeiros experimentos, empezou terceiro cunha filtración de auga, ensinaronos que con obxetos de reciclaxe podemos filtrar a auga. Despois foi cuarto, ensinounos como facer unha man robótica, feita con materiais moi sinxelos. E por ultimo os de quinto con tres experimentos: “O corazón”, “Quentamos o noso horto” e “Os autómatas”. Felicidades a todas as clases polos vosos experimentos. ------------- We've already got the first experiments here. Third grade started with a water filtration system. They taught us how to filter water using recycled...

¡YA ESTÁN AQUÍ LOS JUEVES DE CIENCIA! - XA ESTÁN AQUÍ OS XOVES DE CIENCIA! - SCIENCE THURSDAYS ARE HERE!

Imaxe
Hola, somos el equipo de audiovisual y de prensa, venimos a hablaros sobre los "Jueves de Ciencia". Como todos los años, cada aula prepara un experimento para mostrárselo a las demás clases. Hasta ahora la exposición se hacía en el hall de primaria en la hora del recreo, pero este año se pensó que era mejor hacerlo en otro momento para que así todos podamos disfrutar del recreo. Cada curso hace su experimento para otra clase y además se graban en video para que todos los podamos ver. Algunos de los experimentos son: 4 años             Orugas de papel   5 años              Huevos saltarines  1º                     Batalla de vírus  2º                     Debujos mágicos  3º y 4º              Filtración del auga 5ºB Cuidamos nu...

UNHA INVITACIÓN ESPECIAL...

Imaxe
A semana pasada recibimos unha invitación para participar na  I Feira de Educación, Formación e Emprego organizada polo CFR da Coruña.     Unha vez máis tivemos a oportunidade de converternos en pequenos/as científicos/as, compartindo os nosos traballos e experimentos cos asistentes á feira. Ademais, o noso alumnado participante puido divertirse e aprender visitando outros postos tamén moi interesantes.   Participar na feira motivoulles a seguir explorando e aprendendo. Descubriron que a ciencia non só está nos laboratorios, senón en todo o que nos rodea: na cociña, no parque, en casa e, por suposto, na aula. Agradecemos á organización da feira por brindarnos esta grande oportunidade. Nesta ligazón (aquí) podedes ver a noticia publicada en prensa. Ata pronto!

TEMOS GAÑADORES!!!!

Imaxe
Comprácenos comunicarlles que o proceso de selección do alumnado que participará na nosa próxima mobilidade a Madrid, onde representarán ao noso colexio na feira de ciencias do CEIP Honduras, finalizou. O proceso de selección levouse a cabo segundo os criterios previamente informados. O mesmo foi realizado por profesorado do 2a ciclo, para garantir parcialidade na selección. Despois da aplicación dos criterios a cada participante, entrevista cos seus titores e co propio alumnado da fase final, decidimos engadir un participante máis, polo que os catro alumnos e alumnas que formarán parte desta experiencia recibirán unha chamada telefónica indicando que foron seleccionados. A decisión foi especialmente difícil debido ao alto nivel de todos os participantes. Agradecemos a todo o alumnado o seu entusiasmo, dedicación e esforzo durante as actividades do club de ciencia. Animamos aos que non foron seleccionados nesta ocasión a seguir participando activamente, xa que a súa implicación é funda...

FEIRA DE CIENCIA EN MADRID!!!

Imaxe
O noso Club de Ciencia ten o pracer de informarvos da nosa participación na mobilidade a Madrid do programa Agrupacións de Centros Educativos á feira científica CEIP Honduras, que se celebrará os días 22 e 23 de maio. Esta é unha oportunidade emocionante para que os nosos/as alumnos/as do 3ª ciclo poidan amosar os proxectos e experimentos que realizaron, nun ambiente estimulante de aprendizaxe. Como parte deste evento, seleccionaremos 3 alumnos ou alumnas do terceiro ciclo para representar ao colexio na feira. Para garantir unha selección xusta e transparente, establecemos os seguintes criterios: Interese polas actividades do club de ciencia: Valorarase a participación habitual, as preguntas formuladas e as propostas achegadas polo alumnado. Participación no concurso de ciencia: Teranse en conta as ideas orixinais, a capacidade de resolución de problemas e o traballo en equipo. Avaliarase a claridade na explicación do experimento e a capacidade de resposta ás preguntas. Comportamen...

OBRADOIRO DE AUTÓMATAS

Imaxe
Imaxinas un robot que salta e xira coma un acróbata de circo? Pois existe! No noso obradoiro de autómatas da biblioteca creamos un pequeno e sorprendente amigo mecánico que non para de moverse. Os/as nenos e nenas do terceiro ciclo de primaria construíron o seu propio autómata. Coas súas mans e moita creatividade aprenderon como funcionan os mecanismos e descobren a arte de dar vida a unha máquina.  Os/as nenos e nenas do segundo ciclo decoraron un cilindro e colocáronlle dous pés. Tras un pequeno empuxe ven como xira o cilindro e dá a impresión de que anda de pé.                                                    Non perdas a oportunidade de construír o teu propio acróbata mecánico.  Vémonos pronto!! Equipo Club de Ciencia

TALLER DE GEOMETRÍA CON ESPEJOS

Imaxe
Explorando as matemáticas de forma creativa. Na biblioteca, as matemáticas transformáronse nun mundo cheo de formas e creatividade co noso obradoiro de xeometría con espellos.  Os/as nenos/as de primaria aprenderon como os espellos poden duplicar imaxes, creando simetrías máxicas.  Experimentaron con formas básicas descubrindo como poden transformar o sinxelo en algo sorprendente. Cos espellos, as figuras multiplicáronse e os patróns fixéronse infinitos, revelando novas posibilidades. Os matemáticos xogaron coa luz e a sombra, transformando triángulos en hexágonos e cadrados en octógonos. Os participantes compartiron os seus descubrimentos, enchendo de risas e curiosidade a biblioteca. Ao final, entenderon que as matemáticas son unha invitación a explorar e ver o mundo dun xeito novo e fascinante. Vémonos pronto...